JWMTool  JWMTool  JWMTool

Java Watermarking Tool (JWMTool)


¿Que é JWMTool?

Java Watermarking Tool (JWMTool) é unha ferramenta, desenvolvida en Java, que pretende ser de utilidade á hora de avaliar os límites da inserción de marcas de auga en medios dixitais (en concreto, vídeos), información de grande importancia á hora de deseñar algoritmos e técnicas de marcado dixital.

No momento actual, JWMTool soporta vídeos sen comprimir (en formato YUV) e permite realizar probas nas que o usuario pode seleccionar a compoñente sobre a que se quere actuar (canal Y ou luminancia, canal U ou crominancia azul, canal V ou crominancia vermella, ou mesmo unha combinación deles), así coma o rango de coeficientes afectados, a contía da modificación a introducir neles, o tipo de alteración, etc. O proceso pode ser cego ou informado a elección do usuario, tamén.

JWMTool configuration window
Arriba Abajo

Capturas de pantalla

Velaquí unha pequena colección de capturas de pantalla da JWMTool:

Descargas

Java Watermarking Tool foi desenvolvida coa intención de poder ser útil nos primeiros estadíos das investigacións, desenvolvementos ou probas relacionadas co marcado dixital de medios. Aínda que a versión mais nova é tan só a 0.5 (actualizada o 28/06/2007), a aplicación é completamente funcional e pode ser descargada libremente para o seu uso, baixo licenza GPL:

O código fonte da última versión (v0.5, 28/06/2007) tamén está dispoñible:

Novo: Prathyusha Vadlamudi (vadlamudi.prathyusha[a]gmail.com), estudante da Universidade de Houston, contribuiu con este proxecto engadíndolle soporte para varianza temporal. A versión que incorpora esta funcionalidade (actualizada o 10/08/2007) pode tamén ser descargada:

O código fonte correspondente tambén está dispoñible:

Manual: redactouse unha sinxela guía de referencia para o uso de JWMTool (PDF comprimido gzip, 134,2 Kb).

Arriba