Outros
Informática/Software Libre/Linux
- O Dereito de Ler, artigo de Richard Stallman (versión orixinal en inglés).
- Por qué debería prevalecer o software libre (¿De qué viviremos los informáticos?, y tú ¿por qué no enseñas gratis?, artigo de Ricardo Galli Granada).
- Grupo de Programadores y Usuarios de Linux (GPUL).
- Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).
- Informáticos Asociados como Antigos Alumnos (IAAA).
Notas de clase
Para quen lle poidan ser de utilidade, estas son as miñas notas de clase de algunhas das materias da carreira de Enxeñería Informática impartida na Universidade da Coruña, aquélas para as que no seu momento elaborei unha versión electrónica (empregando LaTeX).
Estes documentos non son transcricións das clases maxistrais impartidas polos correspondentes profesores e profesoras, nin tampouco reproduccións do material bibliográfico recomendado en cada materia. Son compilacións orixinais das miñas anotacións de clase, inspiradas polas explicacións do profesorado e completadas con diversas fontes en cada caso. Ademáis, dado que as clases maxistrais non foron entón grabadas nin transcritas, non se viola en ningún caso ningún dereito dos docentes que as impartiron, pola contra, faise valer o dereito da autora sobre o seu propio traballo, que decido voluntariamente facer de dominio público.
Ao mesmo tempo, animo a quen empregue este material a compartilo e difundilo libremente, respectando a autoría do mesmo e sendo consciente de que, desde a súa elaboración, non foi actualizado e, polo tanto, é responsabilidade de quen o use pórse en coñecemento das posibles (e probables) variacións nos contidos das correspondentes materias, a profundidade de tratamento dos temas, e mesmo a non descartable presenza de fallas e incorreccións. Asimesmo, e aínda que os documentos non están sometidos a un proceso de actualización por parte da autora, a corrección de erros e imprecisións é sempre benvida.
- Terceiro curso de Enxeñería en Informática:
- Investigación Operativa (curso 2000/2001)
- Medios de Transmisión (curso 2000/2001)
- Redes de Comunicacións (curso 2000/2001)
- Teoría de Autómatas e Linguaxes Formais (curso 2000/2001)
- Estatística II (curso 2000/2001)
- Sistemas Operativos II (curso 2000/2001)
- Cuarto curso de Enxeñería en Informática:
- Matemática Discreta II (curso 2001/2002)
- Compiladores (curso 2001/2002)
- Intelixencia Artificial (curso 2001/2002)
- Quinto curso de Enxeñería en Informática:
- Enxeñería do Coñecemento (curso 2002/2003)
- Enxeñería do Software (curso 2002/2003)
- Optativas de Enxeñería en Informática:
- Primeiro Ciclo:
- Gráficos en Computación (curso 2000/2001)
- Programación Orientada a Obxectos (curso 2000/2001)
- Protección e Seguridade da Información (curso 2000/2001)
- Segundo Ciclo:
- Deseño de Sistemas Operativos (curso 2001/2002)
- Redes de Neuronas Artificiais (curso 2001/2002)




